EPISODE · Jun 13, 2015 · 58 MIN
MSF, 'A morte vén en chancletas', Jorge Emilio Bóveda, Enxebrebooks e Sira e o robot' con Mark Wiersma e Miguel Mosquera
from Podcast O Sombreiro de Merlín
Con Médicos sen Fronteiras falaremos do que é o traballo dunha enfermeira expatriada nos campos de refuxiados: Monica Álvarez cóntanos o día a día do seu traballo coma enfermeira expatriada e a realidade que viven as persoas víctimas do éxodo máis grande dende a segunda Guerra Mundial. Presentaremos o novo libro de Jorge Emilio Bóveda, "A morte vén en chancletas", nunha conversa telefónica co seu autor sobre a literatura; contaremos asimesmo coa presencia da editora do libro, Aly Romero de Enxebrebooks, quen nos falará desta última publicación onde continuan as pescudas de Leopoldo Pardo, alias Leopardo: o mellor xénero detectivesco, con guiños a Poe, Agatha Christie, nun libro simbólico cheo de ironía e crítica. Remataremos programa coa presentación do libro "Sira e o robot.Adventures on Titan", (Xerais), da man dos seus autores, Mark Wiersma, profesor en Berenguela Escola de Música e Miguel Mosquera, profesor de galego e membro de Ataque Escampe; con eles falaremos deste audio libro en galego e inglés e do espectáculo que queren achegar aos centros educativos.
Embed this episode
NOW PLAYING
MSF, 'A morte vén en chancletas', Jorge Emilio Bóveda, Enxebrebooks e Sira e o robot' con Mark Wiersma e Miguel Mosquera
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Similar Podcasts
No similar podcasts found.