Na Encrucillada 04-IV-2022
Luns, 4 de abril. “Na Encrucillada” de Radio Xallas. Comezamos o programa contando a historia de Max van Arnhem, un diexista holandés que captou o sinal da FM de Radio Xallas na súa casa de Hoenderloo , en Holanda.Entrevistamos a Isabel Vilalba, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego que falou do sector lácteo, cárnico e doutros temas relacionados co medio rural.E falamos sobre o Xallas F.C. que disputa a fase de permanencia na Preferente. O noso convidado nesta ocasión, foio adestrador, David González. Completamos o programa con noticias, axenda, titulares da prensa, previsión meteorolóxica, música e dous poemas de Regina Muñiz.
Embed this episode
No transcript yet.