Na Encrucillada 23/IV/2021
Programa moi musical e moi literario este venres 23 de abril #diadolibro. Comezamos con noticias, tempo, e titulares dos xornais. Lembramos un consello sobre a lectura de María Canosa e unha pequena homenaxe ao inolvidabe Manuel Quintáns Suárez. E chegaron os protagonistas. Falamos con Yolanda Castaño sobre o libro “Xela quixo ser ela”(Xerais) e tamén sobre o día que conmemoramos. Despois sumerxímonos no disco de regreso do grupo Os Resentidos “Organización Nautilus”, conversando con Antón Reixa. E máis cousas. Tamén estivo connosco Xan Pampín para falar da interesante proposta musical do grupo Alilá. E con noticias, datos sanitarios, cancións e un poema rematamos.
Embed this episode
No transcript yet.