Na Encrucillada 31/V/2021
Hoxe “Na Encrucillada” despois do tempo e os titulares ofrecemos a crónica do pleno de Santa Comba, e falamos de distintas noticias como a manifestación “Eólicos.Así Non” e outras. O primeiro protagonista foi o veterinario e membro do equipo de Vox na Costa da Morte, Manuel Fuentes Lamas. Falamos da problemática do lobo, da xestión dos xurros e da Garda Civil. O segundo convidado foi o responsable de Administración Local da Federación de Atención á Cidadanía de USO Galicia, Juan Esteban Méndez Leiva. Falamos sobre a problemática dos traballadores públicos e da manifestación convocada para o vindeiro 19 de xuño. Rematamos o programa cos datos sanitarios e coa lectura da primeira parte das opinións da audiencia sobre o cambio de nome do CEIP Barrié de la Maza.
Embed this episode
No transcript yet.