Na Encrucillada 7/X/2020
Comezamos o programa de hoxe cos titulares de prensa e o tempo. Logo conectamos co noso colaborador Rafael Lema, que nos falou sobre o relatorio que presentará no Congreso Internacional de Asociaciones Jacobeas, e que analizará as peregrinaxes dos pobos de Oriente Medio, e tamén a figura de Martiros de Armenia e do mítico Vákner. Despois comentamos as noticias que forman parte da crónica deste mércores e a aaxenda. Tamén falamos con Antonio de Toro sobre o libro “Fisterras Atlánticas, Finisterres Atlánticos, Atlantic Finisterres” da editorial Medulia. E logo completamos esta singladura radiofónica con máis noticias e unhas cantas cancións.
Embed this episode
No transcript yet.