NOA_Comptine_d_Un_Autre_t_-_Die_fabelhafte
from Podcast Tempo de ler
Un viaxe ao pasado Unha vez, estaba cos meus amigos no patio cando escoitamos un ruído detrás dun coche, por curiosidade acercámonos, encontrámonos cunha luz verde que ao parecer flotaba no aire, sen embargo crecía a ollos vista, creceu e creceu ata converterse nun círculo do tamaño dunha porta. Dinme conta de que cada vez aspirábanos a todos mais e mais, sentíame indefenso. Chegou un momento que estabamos pegados a ela, sentimos un tirón e aparecemos nun sitio totalmente diferente. Ao parecer encontrabámonos nunha época anterior a nosa, estabamos no medio dunha guerra! Parecía unha película medieval: lume por todas partes, xente con armadura, casco e espada, loitando contra outros, ballestas, arcos, canóns, frechas e homes feridos por tódolos lados. A nosa dereita estaba o castelo mais grande que vos podades imaxinar. Estaba fortificado, e dende arriba os loitadores disparaban coas súas armas. Era asombroso. Tiña un foxo xigante, que estaba recheo con táboas e troncos. Pepe estaba impresionado, encantaríalle quedarse! Un disparo de canón sacounos do noso asombro. Caeu ao noso lado, causando un gran estrondo e tirando unha morea de homes polo aire. Entón démonos conta de que estábamos aterrados, tiñamos que escapar! Advertimos que ninguén nos vía, pero moita xente tropezaba con nós, quedábase asombrada, pero seguían ao seu. Lucía deuse conta de que ao outro lado da pelexa, xusto na porta do castelo había outro portal verde. Todos comezamos a correr hacia alí, esquibábamos lanzas, frechas e machadas, inda que algunha rozábanos e facíanos algunha ferida. Despois de levar correndo uns dez minutos, non podíamos mais, pero sabíamos que a nosa salvación era chegar ao portal. Cando levantei a cabeza outra vez dinme conta de que só nos quedaban uns metros. Xusto cando íbamos a dar os últimos pasos, un estrondo soou detrás nosa, xireime e vin como unha bala de canón acercábase a moitísima velocidade, tiven medo por todos nós, nese intre entramos no portal. En milésimas de segundos aparecemos no cole, o proxectil xa non iba detrás nosa, sen embargo estábamos no medio do patio, cheos de barro, coa roupa rota e con feridas por todas partes, a xente mirábanos asombrados. Por sorte estabamos todos, que alivio! Todo o mundo comezou a rirse de nós, cando virei a cabeza vin a profe Bea acercarse con cara de enfadada, e dixo: Que vos pasou? Nin que viñerades dunha guerra.
Embed this episode
No transcript yet.