O cadro e os agapornis-Manuel
from Podcast 5º B
A miña tía tiña uns agapornis. Os agapornis como xa sabedes son moi listos. Os ditos paxaros eran capaces de abrir a gaiola. Un día que a miña tía estaba traballando, os agapornis conseguiron abrila xaula como moitas outras veces, e fixeron algo que ninguén o esperaba… Cando a miña tía veu de traballar e subiu polas escaleiras, levou unha sorpresa… ¡Os paxaros escaparan e comeran todo o marco de madeira dun cadro cunha paisaxe preciosa!, a miña tía colleunos e meteunos na gaiola de mala gana, ese día xa o tiña fastidiado.
Embed this episode
No transcript yet.