Skip to content
O Discurso De Odio Nos Medios episode artwork

Jul 3, 2024 56 min

O Discurso De Odio Nos Medios

from Onda Ciencia

No terceiro episodio de Onda Ciencia abordamos o "discurso de odio", un concepto sobre o existe xa lexislación específica, pero cuxa regulación atinxe tamén a dereitos como a liberdade de opinión e expresión, a non discriminación e a igualdade. Para por un pouco de luz sobre o crecente fenómeno do discurso de odio nos medios de comunicación falamos con tres expertas, profesoras da Universidade da Coruña: Ana Aba Catoira. Profesora Titular no dpto. de Dereito público na facultade de dereito da UDC. Membro do Grupo de investigación: Democracia y derechos en el entorno digital. Ana María González Neira. Profesora Titular do departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC, e membro do Grupo de investigación Ciudadanía Digital. Montserrat Golías Pérez. Profesora Contratada Doutora do departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC. Membro do ESOMI Equipo de Investigación Sociedades en Movemento. As nosas expertas axúdannos a clarificar a diferencia entre “discurso de odio” e “delito de odio”, e cales son as manifestacións mais frecuentes deste discurso nos medios e nas redes sociais. Afondamos nas claves que explican que os discursos discriminatorios calen na poboación e debatemos acerca dos posibles riscos derivados da proliferación deste discurso, dende una perspectiva xurídica, sociolóxica e comunicativa, e cales son las posibles ferramentas e solucións para por freo a esta problemática. Lembra que podes escoitar ONDA CIENCIA na sintonía de CUAC FM, no 103.4 da FM coruñesa, e dende calquera parte do mundo descargando os podcasts a través da web https://cuacfm.org e das aplicacións móbiles para Android e Apple.

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

O Discurso De Odio Nos Medios

0:00 56:07

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of Onda Ciencia?

This episode is 56 minutes long.

When was this Onda Ciencia episode published?

This episode was published on July 3, 2024.

Can I download this Onda Ciencia episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.