EPISODE · Apr 13, 2016 · 57 MIN
O noso colaborador, o escritor e articulista, Abraham Pérez, visita o Sombreiro para presentar o seu blog "Innombrable".
from Podcast O Sombreiro de Merlín
Hoxe n'O Sombreiro de Merlín recibimos a un dos nosos máis queridos colaboradores, Abraham Pérez, que ven falar do seu traballo coma escritor e articulista en medios públicos, como o diario "El Progreso", ou "Drugstore Magazine". Dialogaremos sobre creación, a importancia dos blogs coma medios de comunicación e interacción social e cultural, presentaremos o seu blog persoal, "Innombrable" e, ao compartir o noso convidado formación filosófica común coa nosa directora Alicia López, interesarémosnos polo que está a pasar na nosa Facultade de Filosofía da USC, e coa Filosofía e Humanidades no noso país, formación que ambos apoiamos e cremos imprescindible para o desenvolvemento dunha sociedade plural, crítica e libre. Coma homenaxe ao noso convidado e compañeiro de "O Sombreiro de Merlin", a directora do programa, dará lectura a un fragmento do seu relato "Fin de la historia", con música do compositor estonio Arvo Pärt. Hoxe volvemos de novo coa nosa sección "Elas contan", onde Encarna Otero seguirá a falar da nosa Rosalía de Castro, e dedicará un tempo a Ángela Ruiz Robles, a mestra galega que inventou xa no 1949 o libro electrónico, e da que poderedes atopar toda a información que desexedes no "Álbum de Mulleres" do Consello da Cultura Galega. Na sección poética "A Fenda", escoitaremos a Carol Bret presentando e recitando a Gloria Fuertes, "poeta de guardia", unha autora con moitos rexistros, algúns dos cales, agora estamos a coñecer, recoñecer e valorar. Encantadas desta achega! A sección "De soños e gaiolas", con Pilar Sampedro, achéganos dúas novas publicacións de Galaxia, e Manuel Fernández poranos ao día das novidades editoriais
Embed this episode
Ready to play
O noso colaborador, o escritor e articulista, Abraham Pérez, visita o Sombreiro para presentar o seu blog "Innombrable".
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.