EPISODE · Sep 24, 2026 · 9 MIN
O Toxos e Froles retoma as súas escolas, viaxa a Barakaldo e prepara a homenaxe a Miguel Vázquez no Teatro Jofre
from Voces de Ferrol - RadioVoz
O Real Coro Toxos e Froles retoma a actividade das súas escolas tras o verán, aínda que a agrupación mantivo durante estes meses parte da súa programación. O mércores 30 de setembro terá lugar a presentación das escolas e o día 1 de outubro comezarán as clases de gaita, baile galego, tambor, encaixe de bolillos, iniciación á cantareiras e pandereta. A inscrición continúa aberta. Esta fin de semana, a Banda de Gaitas Terra de Trasancos desprazarase a Barakaldo para participar na celebración do 125 aniversario do Centro Galego desa localidade. Ademais, o venres 9 de outubro, o Teatro Jofre acollerá o cuarto Festival Outras Músicas Tradicionais, dedicado este ano a Miguel Vázquez Rodríguez, que deixa a bandeira do Toxos tras 68 anos na agrupación. O seu relevo será Juan Martínez. O acto contará tamén coa participación do Rancho da Praza.
Embed this episode
Ready to play
O Toxos e Froles retoma as súas escolas, viaxa a Barakaldo e prepara a homenaxe a Miguel Vázquez no Teatro Jofre
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.