EPISODE · Oct 6, 2026 · 9 MIN
Opaí Teatro celebra dous premios Manuel Lourenzo e reivindica o teatro en galego coa obra ‘De marzo a marzo"
from Voces de Ferrol - RadioVoz
O colectivo Opaí Teatro, de Canido, celebra os dous galardóns acadados na primeira edición dos premios Manuel Lourenzo do teatro afeccionado, organizados por Feteagal. O actor Fran Muiño, distinguido como mellor intérprete de reparto, destacou en RadioVoz Ferrol que os premios son froito do traballo de todo o elenco. O recoñecemento chegou pola obra De marzo a marzo, unha peza que reivindica a loita obreira e o movemento sindical vinculado á antiga Bazán e que tivo unha gran acollida en Ferrolterra e no resto de Galicia. A montaxe sumou catro candidaturas e dous premios, entre eles o de Alexis Sequeiro como mellor actor protagonista. O grupo, que reúne máis de trinta persoas, continúa de xira con diferentes propostas e prepara unha nova etapa baixo a dirección de Isabel Risco, tras a marcha temporal de Cristina Mariño. Muiño reivindicou tamén o compromiso de Opaí Teatro coa lingua galega, malia as dificultades para levar as súas obras fóra de Galicia.
Embed this episode
Ready to play
Opaí Teatro celebra dous premios Manuel Lourenzo e reivindica o teatro en galego coa obra ‘De marzo a marzo"
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.