EPISODE · Jun 14, 2014 · 53 MIN
Os fotógrafos Maria João Matos e Fuco Reyes e o I Premio Panxea de microrelatos no Sombreiro
from Podcast O Sombreiro de Merlín
Esta semana recibimos de novo no Sombreiro de Merlin a Fuco Reyes, presidente da Asociación Cultural Fotoforum Compostela, quen ven falar con nós da Exposición colectiva "Compostela interpreta os pioneiros da fotografía", que pode verse na Casa do Cabido, aquí en Compostela; o fotógrafo estará acompañado desta volta, por unha das asociadas de Fotoforum Compostela, Maria Joao Matos, quen tamén participa na exposición. Achegarémonos a través das súas verbas a esta mostra de imaxes reinterpretadas, cun total de 51 obras e participantes, nunha proposta creativa dunha calidade excepcional que non podedes deixar de visitar; falaremos tamén das actividades e proxectos desta Asociación cultural. Parabéns a todos eles polo traballo e grazas pola mostra! Recibimos tamén a Santiago Villares, quen resultou gañador co texto "El doble",do Concurso de Microrelatos de Panxea co que colaboramos dende o Sombreiro de Merlin; o concurso tivo grande éxito e concedéronse tres accésit aos relatos,"Mister Coffee" de Loly Villoch", "Catuxa" de Antom Labranha e "O café" de Paulo Calvo; o xurado emitiu asimesmo un premio especial ao relato de Julio Álvarez, "Primeros segundos de oscuridad". O pasado xoves tivo lugar o acto de entrega de premios con productos de Panxea aos gañadores e un café con lectura colectiva. Parabéns á laboura de Panxea e aos gañadores!
Embed this episode
NOW PLAYING
Os fotógrafos Maria João Matos e Fuco Reyes e o I Premio Panxea de microrelatos no Sombreiro
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.