EPISODE · Dec 14, 2019 · 14 MIN
Os Reis da Galiza en Oviedo e en León.
from A GALIZA e o GALEGO
Ainda que tradicionalmente se vén considerando que o reino medieval da Galiza estaba unido ao reino asturiano (despois leonés) desde o principio da chamada "reconquista", as evidencias históricas, parecen indicar xusto o contrario: que eran Asturias e León as estaban dentro do territorio galego neses momentos da Alta Idade Media... Todo parece indicar que a incipiente monarquía medieval galega comezou a sua andadura primeiro en Oviedo, e despois en León, xusto nos lugares que aínda non estaban ocupados por outros señores medievais, e precisamente por iso foi que puideron estabelecer as súas bases patrimoniais... Pouco a pouco, ao longo do tempo e de forma moitas veces contestada, foron expandendo e fortalecendo o seu recoñecemento rexio no resto do territorio galaico... Neste audio, parcialmente editado, o historiador Anselmo López Carreira tenta explicar esta aparentemente contradictoria cuestión: a de cómo é posíbel que a corte do reino galego estivese ubicada en cidades que hoxe están fóra do actual territorio da Comunidade Autonoma da Galiza... Procede dunha entrevista con José Manuel Barbosa no 2014.
Embed this episode
NOW PLAYING
Os Reis da Galiza en Oviedo e en León.
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.