Os tempos da represión ao galego - Carlos Callón episode artwork

EPISODE · Oct 7, 2024 · 1H 45M

Os tempos da represión ao galego - Carlos Callón

from A GALIZA e o GALEGO

Palestra de Carlos Callón na Semana Galega da Filosofía do 2024 de Pontevedra intitulada "O galego e o inconsciente" sobre a longa represión do galego durante séculos. Isto foi coallando no inconsciente colectivo da nosa sociedade... e reflectíndose no actual estado de minorización e perda de falantes que sufrimos. Temos constancia documental de castigos físicos por falar en galego na escola desde a primeira metade do século XVI até avanzados os anos 70 do século XX. Á violencia física contra todas esas xeracións de crianzas hai que sumar as humillacións, as burlas, a vergoña..., rexistradas tamén antes e despois desas datas. Este trauma colectivo é de tal proporción que, nun grao ou noutro, afectou a todas as familias galegas. Que restos deixou tanta brutalidade? Que débedas simbólicas cargamos polas seculares tentativas de lingüicidio? Como podemos encarar estas feridas para que libren o paso a un futuro diferente?... Carlos Callón (Ribeira, 1978) é profesor de Xeografía e Historia no Instituto Español de Lisboa e doutor en Estudos Galego-portugueses. Entre os varios títulos que publicou salientan os ensaios "Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez" (2012), "O libro negro da lingua galega" (2022, Premio da Crítica Galicia de Investigación), "Como defenderes os teus dereitos lingüísticos" (2011, Premio Redelibros). É presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística (a maior asociación cultural de Galiza), entidade que dirixiu entre 2002 e 2014. Tamén presidiu durante dous anos o Comité de Estado da Axencia Europea das Linguas Minoradas.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Oct 7, 2024

Embed this episode

NOW PLAYING

Os tempos da represión ao galego - Carlos Callón

0:00 1:45:01

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of A GALIZA e o GALEGO?

This episode is 1 hour and 45 minutes long.

When was this A GALIZA e o GALEGO episode published?

This episode was published on October 7, 2024.

Can I download this A GALIZA e o GALEGO episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!