EPISODE · May 14, 2016 · 57 MIN
Panxea Comercio Xusto e a Editorial Hugin e Munin, visítannos no Sombreiro.
from Podcast O Sombreiro de Merlín
PANXEA E HUGIN E MUNIN NO SOMBREIRO! Comezamos programa con Esteban González, representante de "Panxea Comercio Xusto", cos que compartimos o noso "Certame de Microrrelatos" dende O Sombreiro hai xa dous anos. Desta volta queremos facer de novo apoio e seguir comprometidos co éxodo europeo e o noso tema serán "Os refuxiados". Todos os que queirades concursar enviade un texto de 250 verbas como máximo, en galego ou castelán, baixo seudónimo, a "[email protected]", tendo como data límite de envío o luns 20 de xuño. Apuntádevos á proposta que vos facemos dende O Sombreiro, Esteban González e Alicia López, representando a Panxea e O Sombreiro por un mundo máis xusto! Escoitaremos, asimesmo, dous audios cos textos "Quimera e "La prehistoria del estado futuro", da finalista da anterior edición, a investigadora Maria Joao Matos, quen desde Cambridge mantén o seu compromiso con nós, e o Premio especial otorgado a Santi Villares, mestre e colaborador noso, quen como Maria Joao, busca sempre un anaquiño de tempo para o compromiso e o arte. Mil grazas! Seguimos con literatura, presentando as novidades de Hugin e Munin co seu editor Alejandro Tobar e facendo a un tempo análise crítica da "Feira do libro" en Compostela. Hugin e Munin é un prestixiosa editorial galega que se dedica a tradución á nosa lingua de títulos clásicos e obras orixinais en diversas linguas. Unha aposta forte e honesta pola literatura, os autores e o respecto polo lector. Alejandro Tobar asistirá hoxe á I Gala do libro galego, pola súa tradución de "Mocidade" de Joseph Conrad, finalista na sección de tradución. Na nosa "Fenda", Carol Bret achéganos á Xeración do 27 a través dos versos de Concha Méndez, unha poeta que reflectiu toda unha época, que compartiu experiencia de vida con Buñuel, Lorca, Juan Ramón Jiménez, Maruja Mallo...Toda unha época vivida e transmitida a través da ollada poética que nos achega a nosa benquerida colaboradora. E temos hoxe "Marcapáxinas" ao completo: Manuel Fernández e Manuela Arcos achégannos recomendacións literarias ben suxestivas a ao alcance de tod@s!!
Embed this episode
NOW PLAYING
Panxea Comercio Xusto e a Editorial Hugin e Munin, visítannos no Sombreiro.
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.