Parolando 15 de agosto, despedida da tempada
A despedida da temporada para "Parolando" foi o xoves, día 15 de agosto. Despois dunha entrevista a María Xosé Fernández, Concelleira de Cultura do Valadouro, que nos presentou a Primeira Festa da Troita do Valadouro, dedicamos o programa a falar cuns rapaces do Val sobre a maneira en que pasan as vacacións e falamos do noso programa, do que foi a temporada e do que pode ser o futuro. Todos coincidimos en que nos gustaría seguir, pero nunca se sabe: hai moitos condicionantes e tal vez, como cada ano, ó rematar a temporada, o final de Parolando xa estea aquí. Unha cousa importante: a principal despedida do día foi a de Sabela Quirós, que deixa Radio Valadouro e deixa "Parolando" para irse estudar Bioloxía a Santiago de Compostela. Boa sorte, Sabela. Ata o ano que vén, amigos, e se non seguimos, aí quedan sete anos de "Parolando" para todos vós. Apertas.
Embed this episode
No transcript yet.