EPISODE · Nov 9, 2013 · 56 MIN
Presentación da libraría 'O fogar das palabras' no Sombreiro de Merlin
from Podcast O Sombreiro de Merlín
Hoxe festexamos no Sombreiro, a apertura dunha libraría-taller en Compostela, que levará o fermoso nome de "O fogar das palabras": Fernando Cimadevila, director editorial de Contos Estraños Editora, e autor de obras como a serie xuvenil "O mundo secreto de Basilius Hoffman", e David Cortizo, editor, tradutor e corrector de Urco Editora, preséntanse coma inquilinos e anfitrións do que eles definen como un novo concepto de libraría, que incluirá unha aula, onde se impartirán distintas actividades relacionadas co mundo da escrita e a edición, talleres de Escritura, Tradución, Edición, Maquetación, Deseño e Ilustración, impartidas por profesionais destes ámbitos. Asimesmo realizaránse presentacións de libros, para achegar os autores aos seus letores, recitais poéticos, palestras lingüísticas e demais actividades do mundo do libro e as verbas.
Embed this episode
NOW PLAYING
Presentación da libraría 'O fogar das palabras' no Sombreiro de Merlin
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.