EPISODE · Apr 21, 2017 · 1H
1x19 Seres nucelares
from Living Hope Christian Fellowship
A pesar das maniotas por levar con orgullo a momia de Lenin por toda a Praza Roxa durante horas, saímos no noso submarino nunha nova singladura á búsqueda de seres nucelares, eses seres especiais que pululan polos inframundos indómitos do mar do contubernio. Con difucultade conseguimos izar o periscopio para ver o que acontecía no mundo exterior, e atopamos novas ben novidosas. Entramos na Sala de Radio para sintonizar con Dwarves e o seu tema "You Gotta Burn", co que quentamos un pouco o ambiente, moi frío despois de dúas semanas no dique seco. Ben quentiños fomos para a biblioteca para ler un fragmento de "O Éxodo dos Gnomos", do gran Terry Pratchett, sempre presente neste submarino. Abrimos a escotilla para deixar pasar a Álvaro Pita, critico de cine, escritor, cineasta e músico e que recentemente acaba de publicar a primeira obra en español sobre un dos pais da ciencia ficción e dos seres extraños: o director Joe Dante. E logo mergullámonos nos seres excepcionais do mundo dos videoxogos e do rol. Acompañounos a música de: Iggy Pop "Real Wild Child" Young Fresh Fellows "Get Outta my Cave" Banda sonora de Myth 2: Soulblighter, "Epilogue" Non o perdas, que marcha
NOW PLAYING
1x19 Seres nucelares
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Mar 3, 2026 ·44m
Feb 21, 2026 ·30m
Jan 2, 2026 ·47m