Skip to content
Programa1400 episode artwork

Mar 23, 2024 1 hr 3 min

Programa1400

from Podcast de Corcovadomusica

Edición número 1400 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 22 de marzo a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 23 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 27, tamén de marzo, a través de Radio Crónica Folk Musical. Abrimos o programa con “Jolifanto”, o novo traballo de Tomás de Perrate e o dúo Za! Tédelo xa nas tendas a través de Lovemonk. Visítanos tamén Ana Lua Caiano con “Vou ficar neste quadrado”, a súa primeira produción para o selo Glitterbeat. Outro traballo por fin editado é “Indie Hippie Retrô Brasileiro”, o novo EP do artista de Belo Horizonte Haroldo Bontempo. Bontempo amósasenos máis que inspirado nos seus xogos entre bossa, pop e samba de base africana. Completamos o programa con adiantos dos novos discos de Sús, Baiuca e Arthur Melo, sen nos esquecer do marabilloso “Axúdame a sentir”, de Xabier Díaz coas Adufeiras de Salitre.

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

Programa1400

0:00 1:03:17

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of Podcast de Corcovadomusica?

This episode is 1 hour and 3 minutes long.

When was this Podcast de Corcovadomusica episode published?

This episode was published on March 23, 2024.

Can I download this Podcast de Corcovadomusica episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.