Skip to content
Programa1401 episode artwork

Mar 30, 2024 1 hr 2 min

Programa1401

from Podcast de Corcovadomusica

Edición número 1401 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 29 de marzo a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 30 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 3 de abril, tamén de marzo, a través de Radio Crónica Folk Musical. Abrimos o noso programa número 1401 con “Hiddo Dhawr”, o novo disco de Sahra Halgan. Estréovos a seguir o primeiro sinxelo de “Maisha”, a última produción das Zawose Queens. Será editado a comezos do vindeiro mes de xuño a a través de Real World. O disco que si está xa na rúa é “Iviv”, o primeiro traballo da artista francesa Oriane Lacaille. Escoitamos dous temas antes de entrarmos na segunda parte do programa: desprazámonos a terras nórdicas para escoitar o novo disco do Gjermund Larsen Trío —prolongación estética e creativa do traballo que gravou con esta formación hai xa sete anos— e de Timo Alakotila, desta volta coa acordeonista xaponesa Yuka Fujino. Completamos o programa coa música de Les Amazones d’Afrique.

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

Programa1401

0:00 1:02:52

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of Podcast de Corcovadomusica?

This episode is 1 hour and 2 minutes long.

When was this Podcast de Corcovadomusica episode published?

This episode was published on March 30, 2024.

Can I download this Podcast de Corcovadomusica episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.