EPISODE · Sep 21, 2024 · 1H 2M
Programa1417
from Podcast de Corcovadomusica
Edición número 1417 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 20 de setembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 21 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 25 de setembro a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 28 na sintonía de Rádio Filispim. Hai algunhas semanas, a artista finlandesa Venla Ilona Blom presentou oficialmente o seu último proxecto, Nevrak. Nel reflexiona sobre os espazos físicos de onde extrae a súa inspiración, mais aborda tamén os seus medos e traumas, entrando de cheo nun topos onde converxen referencias musicais plurais. Entra tamén o novo disco do Víík, banda nórdica de folk referencial formada por músicos daneses, suecos e noruegueses. Pechamos esta páxina adicada a músicas nórdicas con “Svängo nuevo”, a última producción do cuarteto finlandés Sväng. Na segunda parte do programa entramos no mundo musical do selo Real World. Preséntovos as últimas producións de The Breath, John Metcalfe e Nusrat Fateh Ali Khan con Party.
Embed this episode
Ready to play
Programa1417
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.