Skip to content
Programa1420 episode artwork

EPISODE · Oct 12, 2024 · 1H 1M

Programa1420

from Podcast de Corcovadomusica

Edición número 1420 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 11 de outubro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 12 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 16 de outubro a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 19, tamén de outubro, na sintonía de Rádio Filispim. Esta mesma semana editouse “The Landscape listens”, un traballo de jazz autoral centrado no diálogo melódico como leitmotiv. Chega asinada por un trío de estrutura inaudita, a formado polo piano de Abe Rábade e os saxos de Xosé Miguélez e Matt Otto. Este último produciu “Ontology”, a última produción de Miguélez como líder. Percíbese na música desde disco un nivel de compenetración e confianza extraordinarios. Este é o noso disco destacado da semana. Chega ás nosas mans a través da labor editorial de Tiny Moon Records. Estréovos, ademais, “Del alma”, disco co cal Marco Mezquida e Chicuelo pechan a triloxía comezada no ano 2017 con “Conexión”. A seguir, entramos de cheo no jazz internacional para escoitar o novo traballo de Bill Frisell, Kit Downes e Andrew Cyril. Pode funcionar un disco de jazz ambiental e experimental para batería, órgano e guitarra? Comprobámolo. Na recta final escoitamos o novo dos Lampen, “Halogen”, xa na rúa dende hai unas semanas, ademais dun adianto do que vai ser o novo traballo de Berke Can Özcan e Jonah Parzen-Johnson. Coñecéronse en Estambul media hora antes de comenzar un concerto, idea esta que se prolonga nun proxecto cheo de músicas creativas baseadas na improvisación. Será editado por WeJazz o vindeiro 1 de novembro.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Oct 12, 2024

Embed this episode

Ready to play

Programa1420

0:00 1:01:48

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Podcast de Corcovadomusica?

This episode is 1 hour and 1 minute long.

When was this Podcast de Corcovadomusica episode published?

This episode was published on October 12, 2024.

Can I download this Podcast de Corcovadomusica episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!