Skip to content
Programa1430 episode artwork

EPISODE · Dec 21, 2024 · 1H

Programa1430

from Podcast de Corcovadomusica

Edición número 1430 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 14 de decembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 21 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 25 de decembro a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 28 na sintonía de Rádio Filispim. Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre veñen de adiantar as datas da súa xira de Nadal. Son catro, todas en decembro: Verín (Auditorio, sábado 21, 20:30h); Lugo (Sala Tebras, domingo 22, 19:30h); Narón (Pazo da cultural, sábado 28, 20:00h); Boiro (A Pousada da Galiza Imaxinaria, domingo 29, 19:00h). Aproveitando esta circunstancia, recuperamos un par de temas do seu último disco, “Axúdame a sentir”. Estréovos, sen saírmos do país, os últimos sinxelos de De Ninghures e dos Dios Ke Te Crew, para a seguir continuarmos a explorar a obra musical de Carme López. Na segunda parte do programa mudamos de rexistro para escoitar “No Title as of 13 February 2024 28,340 Dead”, o novo disco dos Godspeed You! Black Emperor. O título fai referencia aos palestinos e palestinas asasinadas dende o comezo da invasión israelita de Gaza, o pasado 7 de outubro do 2023, até a data de publicación do disco. É un proxecto brillante, cheo de reflexións sonoras cargadas de compromiso político.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Dec 21, 2024

Embed this episode

Ready to play

Programa1430

0:00 1:00:56

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Podcast de Corcovadomusica?

This episode is 1 hour and 0 minutes long.

When was this Podcast de Corcovadomusica episode published?

This episode was published on December 21, 2024.

Can I download this Podcast de Corcovadomusica episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!