Skip to content
Programa1432 episode artwork

EPISODE · Jan 4, 2025 · 1H 3M

Programa1432

from Podcast de Corcovadomusica

Edición número 1432 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 3 de xaneiro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 4 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 8 a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 11, tamén de xaneiro, na sintonía de Rádio Filispim. Esta semana, seguindo a nosa liña de traballo habitual, ofrecémosvos a primeira parte do noso repaso aos mellores 15 discos galegos do pasado ano. Danos tempo a escoitar do posto número 15 ao posto número 7. Lembrade que para elaborar esta listaxe respectamos as seguintes condicións: • Só consideramos discos presentados no programa e editados ao longo do 2024. Aqueles traballos que polo motivo que sexa non chegaron ás nosas mans, non serán valorados. • Non incluímos escolmas nin discos gravados ao vivo, a non ser que estes últimos conteñan un repertorio orixinal. • Só valoramos os discos colectivos cando un dos seus artistas principais é galego ou galega. • Só consideramos discos completos. Non entran na listaxe nin EP’s nin sinxelos. Sodes quen de intuír que discos imos incluír na nosa listaxe? Aquí tedes os primeiros postos da listaxe: 15. Xosé Lois Romero: “A mulher Lyrio”. Raso. 14. Carme López: “Quintela”. Warm Winters Ltd. 13. Catuxa Salom: “Cāldo”. Catuxa Salom. 12. Mocho Gris: “2”. Raso. 11. Terrae: “Medra”. Human Sounds of Nature Records. 10. Stormy Trucks: “Darl Lady”. Tiny Moon Records. 9. Baiuca: “Barullo”. Raso. 8. Narci Rodríguez dA Trío: “The Glitch: Suite Of the Sad Young Men”. Autoedición. 7. Matt Otto, Abe Rábade e Xosé Miguélez: “The Landscape Listens”. Tiny Moon Records.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Jan 4, 2025

Embed this episode

Ready to play

Programa1432

0:00 1:03:17

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Podcast de Corcovadomusica?

This episode is 1 hour and 3 minutes long.

When was this Podcast de Corcovadomusica episode published?

This episode was published on January 4, 2025.

Can I download this Podcast de Corcovadomusica episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!