Skip to content
Programa1434 episode artwork

EPISODE · Jan 18, 2025 · 1H 1M

Programa1434

from Podcast de Corcovadomusica

Edición número 1434 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 17 de xaneiro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 18 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 22 a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 25, tamén de xaneiro, na sintonía de Rádio Filispim. UTU é unha das bandas máis inclasificables do panorama musical de Finlandia. Cultivan un pop de autor repleto de referencias cruzadas: ademais de certos matices progresivos, insiren paisaxes harmónicas que nos levan á música de cámara e, en ocasións, á propia música tradicional. Veñen de editar o seu novo disco, “Love Collection - By the Ashes That Used to Be the Everlasting Fire”, un traballo de texturas melancólicas e amplas intensidades sonoras. Velaiquí o noso disco destacado da semana. Os UTU están comandados por Petra Poutanen, quen tamén defende o seu propio proxecto en solitario. Faino baixo o alcume de Pelkkä Poutanen (“Unicamente a Poutanen”). No pasado ano 2024 presentou o proxecto no WOMEX de Manchester. Poutanen vén de estrear dous sinxelos que, en principio, funcionan como adianto do que será o seu segundo disco. Escoitamos ámbolos dous. Tamén presentamos, sen saírmos de Finlandia, os novos discos de Ánnámáret, Salamakannel e Pekko Käppi. Completamos o programa con “Valsette”, primeiro sinxelo extraído do novo disco dos Frigg. Levará por título “Dreamscapes” e será editado por Bafe’s Factory o vindeiro mes de febreiro.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Jan 18, 2025

Embed this episode

Ready to play

Programa1434

0:00 1:01:30

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Podcast de Corcovadomusica?

This episode is 1 hour and 1 minute long.

When was this Podcast de Corcovadomusica episode published?

This episode was published on January 18, 2025.

Can I download this Podcast de Corcovadomusica episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!