EPISODE · Feb 9, 2025 · 1H 2M
Programa1437
from Podcast de Corcovadomusica
Edición número 1437 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 7 de febreiro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 8 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 12 a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 15 na sintonía de Rádio Filispim. Os galegos Sumrrá están de festa: no presente ano celebran o seu vixésimo quinto aniversario. No programa desta semana aproveitamos esta circunstancia para recuperar a súa música e para introducir diferentes novas relacionadas coa banda: preparan xira e novo disco, o cal sairá á rúa a finais do presente ano 2025. Ben de cheo no mundo do jazz, escoitamos tamén as últimas producións do selo WeJazz, as asinadas por Joona Toivanen e Timo Lassy. Conectámolas con “Moondial”, o novo traballo para guitarra soa de Pat Metheny, prolongación filosófico-musical do seu anterior “Dreambox”. Na recta final do programa descubrimos “Azken uda”, o último disco do trompetista bilbaíno Juan de Diego. Despedímonos con “Grande-Terre”, disco gravado por Roy Hargrove no ano 1998 que vén de ser editado hai escasos meses.
Embed this episode
Ready to play
Programa1437
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.