EPISODE · Feb 15, 2025 · 1H 1M
Programa1438
from Podcast de Corcovadomusica
Edición número 1438 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 14 de febreiro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 15 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 19 a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 22 na sintonía de Rádio Filispim. Estruturamos o programa desta semana en dous bloques diferenciados. No primeiro, entramos de cheo na fusión internacional cos novos discos de Jupiter & Okwess e da banda Dowdelin. Na segunda parte do programa desprazámonos até Finlandia para escoitar “Joku raja rakkaudessakin” (No amor tamén debe haber algún límite), o novo traballo dos Pauanne. Descubrimos, ademais, o disco colaborativo “Nouse luonto” (Arriba, natureza), onde participan diferentes artistas de Finlandia. O obxectivo do disco é fondamente político: o disco foi creado como mecanismo de defensa e conversación da biodiversidade do país nórdico. Colaboran, entre outros nomes, Kimmo Pohjonen, Maria Kalaniemi, Maija Kauhanen e Akkajee. Na recta final do programa seguimos a explorar o repertorio do novo disco da banda UTU.
Embed this episode
Ready to play
Programa1438
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.