Skip to content
Programa1443 episode artwork

EPISODE · Mar 22, 2025 · 1H 1M

Programa1443

from Podcast de Corcovadomusica

Edición número 1443 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 21 de marzo a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 22 de marzo na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 26 a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 29 na sintonía de Rádio Filispim. O pianista armenio Tigran Hamasyan publicou na recta final do pasado ano “The Bird of a Thousand Voices”, proxecto baseado na lenda do Hazaren Bibul. Vén acompañado dun videoxogo en liña, unha instalación multimedia e un disco impoñente. Hamasyan volve mesturar tradición armenia, jazz eléctrico e aires progresivos para crear unha música dunha complexidade e beleza notábeis. Con el abrimos o programa desta semana. Preséntovos, ademais, as últimas novidades do selo WeJazz. A primeira, o esperado novo disco de Timo Lassy, gravado ao vivo no GLivelab de Helsinki. Será publicado oficialmente esta mesma fin de semana. A segunda, o primeiro sinxelo extraído de “Out of Self and into Others”, o primeiro traballo como líder do saxofonista Jussi Kannaste. Sairá á rúa o vindeiro 25 de abril. Completamos o programa co jazz intrépido do cuarteto PIIP, acrónimo de “Pienet ihmiset isot puut” (Pequenos seres humanos, grandes árbores). Os PIIP están liderados pola saxofonista Laura Helander, quen nos ofrece un disco de carácter conceptual onde reflexiona sobre as conexións existentes entre a natureza e o ser humano.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Mar 22, 2025

Embed this episode

Ready to play

Programa1443

0:00 1:01:59

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Podcast de Corcovadomusica?

This episode is 1 hour and 1 minute long.

When was this Podcast de Corcovadomusica episode published?

This episode was published on March 22, 2025.

Can I download this Podcast de Corcovadomusica episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!