EPISODE · Mar 29, 2025 · 1H 1M
Programa1444
from Podcast de Corcovadomusica
Edición número 1444 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 28 de marzo a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 29 de marzo na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 2 de abril a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 6 na sintonía de Rádio Filispim. O corpo como espazo de experimentación e reflexión convértese no tema central do programa desta fin de semana. Abrímolo con “O fado”, disco de Lina e Marco Mezquida. Sorprende comprobar como Mezquida fai do seu piano unha prolongación do seu propio corpo, dándolle unha dimensión mesmo física. Isto permite que o diálogo coa voz de Lina adquira un carácter material fecundo e engaiolante. Os últimos sinxelos de Mondra, as Fillas de Cassandra e Faia tamén parten da reflexión sobre o corpo para, a seguir, introducir ideas diferenciadas sobre o pracer, a sexualidade e o lugar que este ocupa no espazo físico. Non son estes os únicos temas novos que escoitamos. Preséntovos, ademais, os últimos sinxelos de Tagua Tagua, Luís Peixoto, Catuxa Salom e Joana Dark e Casapalma. Ademais, escoitamos a Xabier Díaz para falarmos da publicación do seu libro “Cancioneiro galego serodio 1989-2012”. Completamos o programa co “Negra sombra” de Narci Rodíguez e o último disco da cantora arxentina Guada.
Embed this episode
Ready to play
Programa1444
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.