Skip to content
Programa1446 episode artwork

EPISODE · Apr 13, 2025 · 1H 2M

Programa1446

from Podcast de Corcovadomusica

Edición número 1446 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 11 de abril a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 12 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 16 de abril a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 17 na sintonía de Rádio Filispim. O selo ECM segue a recuperar material inédito gravado por Keith Jarret. A finais do pasado ano saiu ao mercado “The Old Country”, disco onde se recollen oito pezas gravadas no mítico Dear Head Inn. Acompañaron a Jarret Paul Motian á batería e Gary Peacock ao contrabaixo. O nivel de entendemento e compenetración musical existente entre estes músicos era, e é, extraordinario. Con eles abrimos o programa desta fin de semana. Descubrimos, ademais, “Trio”, traballo liderado polo contrabaixista sueco Lars Danielsson. Gravouno con Verneri Pohjola (trompeta) e John Parricelli (guitarra). Dende o selo Wejazz chegan ás nosas mans dous discos que van ser publicados ao longo dos vindeiros meses. O primeiro, “Traces”, da banda Cosmic Ear. Están liderados por Christer Bothén, quen no seu momento traballou con Don Cherry durante o periplo sueco deste último. O disco funciona como unha prolongación desa colaboración: converxen nel jazz contemporáneo e raíces africanas e ibéricas, dando como resultado unha música complexa e inclasificable. O disco publicarase o vindeiro 23 de maio, mais pódovos presentar o primeiro sinxelo. A segunda novidade publicada por Wejazz chegará a finais do presente mes de abril. Trátase do primeiro disco como líder do saxofonista Jussi Kannaste. Completamos o programa dende Galiza cos últimos traballos de Abe Rábade e Baldo Martínez, dous dos mellores discos galegos do pasado ano 2024.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Apr 13, 2025

Embed this episode

Ready to play

Programa1446

0:00 1:02:40

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Podcast de Corcovadomusica?

This episode is 1 hour and 2 minutes long.

When was this Podcast de Corcovadomusica episode published?

This episode was published on April 13, 2025.

Can I download this Podcast de Corcovadomusica episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!