EPISODE · May 3, 2025 · 1H 1M
Programa1449
from Podcast de Corcovadomusica
Edición número 1449 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 2 de maio a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 3 na sintonía de Cuac FM A Coruña, Rádio Filispim e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 7 a través de Radio Crónica Folk Musical. No programa desta semana saímos de ruta por Finlandia. Abrímolo con “Maa palaa” (A terra arde), o novo disco da cantante e violinista Päivi Hirvonen. Entra a seguir a última produción dos Vimma, un disco combativo no político e fondamente plural na súa definición musical. Escoitamos, ademais, os Ánnámáret Luohteilbmi, a nova banda da artista saami Anna Näkkäläjärvi-Länsman, así como o novo disco de Barbora Xu. Xu é unha multiinstrumentista checa que residiu en Finlandia durante algo máis de sete anos. Mestura na súa música elementos propios da tradición finlandesa con outros procedentes de Asia. Gravou o seu último disco, “The Garden of Otava”, coa axuda de grandes músicos do panorama finlandés. É o caso de Tapani Rinne e Ilkka Heinonen. Pechamos o programa co último disco da banda UTU.
Embed this episode
Ready to play
Programa1449
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.