EPISODE · May 31, 2025 · 1H
Programa1453
from Podcast de Corcovadomusica
Edición número 1453 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 30 de maio a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 31 na sintonía de Cuac FM A Coruña, Rádio Filispim e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 4 a través de Radio Crónica Folk Musical. Noa Lur leva algunhas semanas a presentar “Multipolar”, o seu último disco. É un traballo multirreferencial tanto a nivel musical coma ontolóxico. Dámos nel con elementos marcadamente soul, alén dos puramente jazzísticos, mais tamén con ecos de rock progresivo, jazz eléctrico e mesmo pop de vangarda. Escoitamos tamén “Music for Roads”, o novo disco do dúo finlandés Tuomo & Markus. Gravárono coa complicidade Verneri Pohjola á trompeta, e mesmo botaron man do talento de Marc Ribot para rexistrar unha peza. Completaremos o programa coas últimas pezas para Agogo Records de Mo’Horizons e Krajenski, antes de pechar o programa co excepcional novo disco da banda sueca Cosmic Ear.
Embed this episode
Ready to play
Programa1453
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.