EPISODE · Jun 7, 2025 · 1H 1M
Programa1454
from Podcast de Corcovadomusica
Edición número 1454 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 6 de xuño a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 7 na sintonía de Cuac FM A Coruña, Rádio Filispim e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 11 a través de Radio Crónica Folk Musical. Comezamos botándolle un ollo ás últimas entregas discográficas de Real World, atendendo tanto á discográfica matriz (responsables do novo proxecto dos Rizwan-Muazzam Qawwali ) como ao subselo X (a través do cal veñen de editar os novos EP’s de Eliza Marshall e do dúo Siraba). Na segunda parte do programa visitamos Malawi para escoitar o novo traballo da Madalitso Band, para a seguir gozar co novo da banda congolesa Kin'Gongolo Kiniata. Rematamos o programa coas resonancias ethiojazzísticas dos Ukandanz.
Embed this episode
Ready to play
Programa1454
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.