Skip to content
Programa1461 episode artwork

EPISODE · Sep 28, 2025 · 1H 2M

Programa1461

from Podcast de Corcovadomusica

Edición número 1461 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 26 de setembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 27 na sintonía de Cuac FM A Coruña, Rádio Filispim e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 1 de outubro a través de Radio Crónica Folk Musica. Abrímoo o programa desta semana cunha delicia, “Outras trece cancións bonitas”. Abofé que lembrades o primeiro disco da serie, gravado por Germán Díaz e Benxamín Otero no ano 2018. Neste disco, editado por Producciones Efímeras, volven amosar un nivel sorprendente de entendemento artístico e de confianza musical. A seguir movémonos a Túnez para escoitar o último traballo de Anouar Brahem, “After the Last Sky”. A música fonda de Brahem serve de ponte para entrarmos en dúas propostas diferentes, finlandesa a primeira, sueco-finlandesa a segunda: “Essential Notes”, o novo disco como solista principal de J-P Piirainen, dá paso a “Migrating”, a reflexión sobre os fluxos migratorios asinada por Maija Kauhanen (kantele) e Johannes Geworkian Hellman (zanfona). Rematamos o programa desde Corea do Sur coa música inclasificábel da instrumentista plural Jiha Park.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Sep 28, 2025

Embed this episode

Ready to play

Programa1461

0:00 1:02:26

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Podcast de Corcovadomusica?

This episode is 1 hour and 2 minutes long.

When was this Podcast de Corcovadomusica episode published?

This episode was published on September 28, 2025.

Can I download this Podcast de Corcovadomusica episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!