EPISODE · Oct 4, 2025 · 1H 1M
Programa1462
from Podcast de Corcovadomusica
Edición número 1462 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 3 de outubro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 4 na sintonía de Cuac FM A Coruña, Rádio Filispim e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 8 a través de Radio Crónica Folk Musica. Os primeiros minutos do programa desta semana están dedicados á memoria do grande Pablo Guerrero, recentemente falecido. Estréovos, ademais, o primeiro disco do trío Lontras, xa na rúa dende hai unhas semanas. En clave lusófona, conectarémolos co novo sinxelo do carioca Leo Middea, sen nos esquecer do agardado primeiro disco de Marco Mezquida e Lina. Completamos a páxina de novidades cunha marabilla, o último traballo a dúo de Piers Faccini e Ballaké Sissoko. Na recta final do programa temos tempo para visitar, de novo, a máis recente gravación de Germán Díaz e Benxamín Otero.
Embed this episode
Ready to play
Programa1462
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.