EPISODE · Oct 25, 2025 · 1H 2M
Programa1465
from Podcast de Corcovadomusica
Edición número 1465 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 23 de outubro a través de Rádio Filispim, o venres 24 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 25 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 29 a través de Radio Crónica Folk Musica. O pianista finlandés Aki Rissanen está a vivir meses de intensa actividade creativa. No pasado mes de marzo saiu ao mercado “Thou Shalt Worship the Rich and Famous”, gravado ao dúo co clarinetista holandés Steven Kamperman. Hai poucas semanas, editou a súa nova gravación en formato trío, con Antti Lötjönen ao contrabaixo e Teppo Mäkynen á batería. Leva por título “Imaginary Mountains”, e funciona como unha sorte de refinamento do seu estilo, cheo de múltiples cambios rítmicos e motivos melódicos minimalistas. Escoitamosr ámbolos dous discos. Programamos tamén, sen saírmos de Finladia, o novo disco dos Kaisa’s Machine para, a seguir, entrar na política editorial do selo WeJazz. Preséntovos adiantos de dous discos que serán editados proximamente. O primeiro, Talk Show, dúo de música experimental e freejazz formado por Steph Richards (trompeta) e Qasim Naqvi (precusión e electrónica). O segundo, “Shadows”, disco de swing de vangarda asinado polos suecos Magnus Carlson & The Moon Ray Quintet. Na parte final do programa escoitamos os últimos traballos de Ambrose Akinmusire e do Xosé Miguélez 4et.
Embed this episode
Ready to play
Programa1465
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.