EPISODE · Nov 1, 2025 · 1H 3M
Programa1466
from Podcast de Corcovadomusica
Edición número 1466 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 30 de outubro a través de Rádio Filispim, o venres 31 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 1 de novembro na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 5, tamén de novembro, a través de Radio Crónica Folk Musica. Antía Muíño vén de publicar “A beleza”, primeiro sinxelo do que será o seu novo disco. Conecta a nivel estético e creativo co EP que gravou con Abe Rábade hai ben pouco. Se vos parece, no programa desta semana contrastamos os múltiples acertos musicais presentes nestas producións. A seguir, desprazámonos a Cantabria para presentar “Jotas”, o novo disco do dúo Casapalma. Sen saírmos da península, preséntovos un par de pezas incluídas en “Visita”, disco elegante onde os guitarristas portugueses José Peixoto e Nuno Cintrão reflexionan sobre o legado musical de Carlos Paredes. No segundo bloque do programa viaxamos a Finlandia e máis Estonia. Estoitamos “Talven uneen vaipuen” (Caíndo no soño do inverno), disco conceptual asinado por Meriheini Luoto. Creou esta obra para catro cuartetos diferentes: Awake Percussion, Luoto Luonnos, Saxtronauts e Signe. Trátase dun proxecto de natureza ambiental e experimental que toma os sons da natureza como fonte de inspiración. Conectámola co último sinxelo dos Okra Playground e un par de pezas de “Stories of Stonia Live”, disco gravado ao vivo ao longo de diferentes meses pola artista estoniana Mari Kalkun.
Embed this episode
Ready to play
Programa1466
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.