EPISODE · Nov 8, 2025 · 1H 1M
Programa1467
from Podcast de Corcovadomusica
Edición número 1467 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 6 de novembro a través de Rádio Filispim, o venres 7 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 8 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 12 a través de Radio Crónica Folk Musica. No programa desta semana converxen estilos plurais, xéneros musicais diversos e propostas inclasificábeis. Abrimos o programa dende Xenebra cos Yalla Miku, aproveitando a publicación do seu novo disco a través de Bongo Joe. O postpunk rítmico e atmosférico dos suízos dálle paso ao novo disco dos Langendorf United, xa nas tendas dende hai algunhas semanas. Escoitamos tamén sinxelos que adiantan novos discos. É o caso do novo de Anton de Bruin, teclista e produtor holandés de amplo percorrido, mais tamén da nova e imperial canción do proxecto Quyech. Este proxecto está liderado polo guitarrista de Hanoi Duc Nguyen, quen vai editar o seu novo disco co prestixioso selo xaponés MIDI INC. Conectamos estas propostas co primeiro disco en solitario de Luc Moindranzé Karioudja, cantante e percusionista da Réunion. Na parte final do programa entramos de cheo nas últimas producións do selo Real World. Escoitamos o novo disco de Will Gregory (Goldfrapp), onde se recolle a música escrita para a produción da Royal Shakespeare Company “Soño dunha noite de verán”. Preséntovos, de igual xeito, o último EP das Zawose Queens, gravado recentemente ao vivo na Wood Room dos propios estudos Real World. Pechamos o programa con “Lengua Materna I”, EP de Clara Serra López para “X”, o subselo do selo británico consagrado ás músicas máis experimentais do seu catálogo.
Embed this episode
Ready to play
Programa1467
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.