Skip to content
Programa1477 episode artwork

EPISODE · Jan 17, 2026 · 1H

Programa1477

from Podcast de Corcovadomusica

Edición número 1477 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 15 de xaneiro a través de Rádio Filispim, o venres 16 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 17 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 21 a través de Radio Crónica Folk Musical. Logo do noso repaso aos 15 mellores discos do ano, cómprenos centrar a atención na actualidade. No programa desta semana ofrézovos unha mestura de sons experimentais, texturas ambientais e motivos rítmicos circulares. Abrimos o programa con “4/4”, o último dos Rinneradio, unha das formacións de música electrónica e fusión electroacústica máis representativas da escena finlandesa. Analizamos a seguir o tríptico sonoro asinado por Brian Eno e Beatie Wolfe. Os tres volumes da colección, editados ao longo do pasado 2025, van con rigor e coherencia da música ambiental e a electrónica experimental ao pop de vangarda. Levan por título “Liminal”, “Luminal” e “Lateral”. Na segunda parte do programa preséntovos o primeiro sinxelo extraído de “Close-Up On The Outside”, disco asinado por Booker Stardrum. Residente en NY, Stardrum constrúe loops rítmicos coa súa batería e diferentes controladores midi, dando orixe a pezas orgánicas onde a electrónica converxe con diferentes instrumentos acústicos. O disco será editado por We Jazz o vindeiro 27 de febreiro. Rematamos o programa co último dos suízos Divr, xa nas tendas dende hai escasas semanas.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Jan 17, 2026

Embed this episode

Ready to play

Programa1477

0:00 1:00:32

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Podcast de Corcovadomusica?

This episode is 1 hour and 0 minutes long.

When was this Podcast de Corcovadomusica episode published?

This episode was published on January 17, 2026.

Can I download this Podcast de Corcovadomusica episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!