Skip to content
Programa1478 episode artwork

EPISODE · Jan 24, 2026 · 1H 1M

Programa1478

from Podcast de Corcovadomusica

Edición número 1478 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 22 de xaneiro a través de Rádio Filispim, o venres 23 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 24 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 28 a través de Radio Crónica Folk Musical. Esta semana preséntovos diferentes adiantos de discos que serán editados ao longo dos vindeiros meses. É o caso dos futuros lanzamentos do selo Real World: Lamisi (20 de febreiro); Peter Gabriel (decembro); L.Y.R. (comezos de abril) e Dub Colossus (6 de marzo). Dende o selo Bongo Joe descubrimos “Futur Simple”, escolma poliédrica onde diferentes artistas reconstrúen pezas antigas editadas polo selo. Escollemos temas de Collignon, Conjunto Media Luna e Slocomotion”. Dende o selo No Format! escoitamos “História da nossa língua”, primeiro tema extraído de “Brasiliano”, o novo de Lucas Santtana. No segundo bloque do programa estréovos o disco de remixes de “Barullo”, editado recentemente por Raso, e a última peza asinada por Nastasia Zürcher e Terrae. Trátase do remix da peza “O impulso”.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Jan 24, 2026

Embed this episode

Ready to play

Programa1478

0:00 1:01:13

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Podcast de Corcovadomusica?

This episode is 1 hour and 1 minute long.

When was this Podcast de Corcovadomusica episode published?

This episode was published on January 24, 2026.

Can I download this Podcast de Corcovadomusica episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!