EPISODE · Feb 8, 2026 · 1H 1M
Programa1480
from Podcast de Corcovadomusica
Edición número 1480 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 5 de febreiro a través de Rádio Filispim, o venres 6 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 7 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 11 a través de Radio Crónica Folk Musical. O vindeiro 8 de abril publicarase “Totó”, disco rexistrado ao vivo polo artista brasileiro Vitor Araújo. Gravouno coa Metropol Orkest, e ameaza con ser un dos discos máis relevantes do presente 2026. Co seu último sinxelo, “Toque número 3”, abrimos o programa desta fin de semana. Tamén dende Brasil descubrimos as novas cancións de Leo Middea. O seu novo traballo, “Notícias de Puglia”, ten xa data oficial de saída: terémolo nas tendas a través de Agogo Records o 27 de febreiro. Pechamos este bloque lusófono con Lucas Santtana antes de vos presentar dúas novidades máis. A primeira, “Adwuma”, peza incluída no que vai ser o novo disco do ghanés Kay Slice. Gravouna coa colaboración do grande Gyedu-Blay Ambolley. A segunda, o magnético “San Paolo da Galatina”, asinado por Maria Mazzotta e Raül Refree. Pechamos o programa dende Melbourne co última gravación dos Black Jesus Experience.
Embed this episode
Ready to play
Programa1480
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.