EPISODE · Feb 28, 2026 · 59 MIN
Programa1483
from Podcast de Corcovadomusica
Edición número 1483 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 26 de febreiro a través de Rádio Filispim, o venres 27 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 28 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores de marzo a través de Radio Crónica Folk Musical. A canción de autora galega está a un nivel extraordinario. Esta semana escoitamos varios discos que confirman esta idea. O primeiro, “Anfibia por veces”, o novo de Antía Muíño. Estreeivos este disco hai dúas semanas, mais aproveitando que está xa dispoñíbel en todas as plataformas, seguimos a descubrir o seu repertorio. O segundo, “Je tiens bon”, o quinto disco na traxectoria de MJ Pérez. Estamos diante dun traballo onde as conexións coa canción popular latinoamericana se reforzan, dando como resultado un colaxe musical elaborado a partir de diferentes elementos musicais. Para gravalo, contou coa colaboración de, entre outras, Nastasia Zürcher e Sofía Espiñeira. Completamos o primeiro bloque do programa cos últimos sinxelos de Clara Serra López e de Las Nietas del Charli. Ámbalas dúas pezas introdúcennos en discos que serán publicados nos vindeiros meses. Na segunda parte do programa mudamos de rexistro. Estréovos os novos traballos de Lamisi e de Batila —baseados na reconstrución en clave pop de diferentes ritmos africanos—, ademais do segundo sinxelo do novo disco do trío L.Y.R.
Embed this episode
Ready to play
Programa1483
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.