Radio Líder emite este mércores 11 de febreiro aedición do Fala que Fala desde o IES Cacheiras, no concello de Teo episode artwork

EPISODE · Feb 11, 2026 · 1H 42M

Radio Líder emite este mércores 11 de febreiro aedición do Fala que Fala desde o IES Cacheiras, no concello de Teo

from Radio Líder

ras pasar polo IES Luis Seoane de Pontevedra, o CPI Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea (Ourense) e o IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos (Lugo), Radio Líder emite este mércores 11 de febreiro a cuarta edición do formato Fala que Fala desde o IES Cacheiras, no concello de Teo (A Coruña). O programa, realizado en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, desenvolverase entre as 10:00 e as 12:00 horas nunha edición especial cargada de música, humor, entrevistas, xogos e unha destacada participación do alumnado. Durante dúas horas, o centro educativo converterase nun espazo de encontro para a celebración da lingua galega, cunha programación dinámica e participativa que terá o galego como fío condutor dunha mañá pensada para gozar, compartir e poñer en valor o noso idioma. O convidado de honra desta edición será Mondra, nome artístico de Mondra Martín Mondragón, nado en Recesende (Teo) no ano 2000. Cantante e bailarín, Mondra é unha das voces máis recoñecibles da nova escena musical galega, cun proxecto que mestura a tradición coa contemporaneidade. A súa carreira profesional comezou na compañía de danza de Fran Sieira, da que continúa formando parte, e conta tamén con formación en piano e pandeireta. Ademais, exerce como mestre de pandeireta e baile tradicional galego en distintas asociacións culturais do país. En setembro de 2023 publicou o seu primeiro álbum de estudio, ARDĒN, no que fusiona a música enxebre cun son actual, un estilo que el propio define como trad. En 2025 lanzou De ronda, un traballo de once cancións producido por Hevi no Laboratorio Soyuz. Fala que Fala continúa así o seu percorrido por distintos puntos de Galicia, consolidándose como un proxecto de referencia na promoción e no prestixio do galego entre a xente nova. O evento conta coa colaboración de Seguridade A1, Daveiga e Dezasete Media.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Feb 11, 2026

Embed this episode

Ready to play

Radio Líder emite este mércores 11 de febreiro aedición do Fala que Fala desde o IES Cacheiras, no concello de Teo

0:00 1:42:55

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Radio Líder?

This episode is 1 hour and 42 minutes long.

When was this Radio Líder episode published?

This episode was published on February 11, 2026.

Can I download this Radio Líder episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!