Radio Miñoca -dec.2013-
from Radio Miñoca
Olá, radiomiñocanos. Aquí vos deixamos o noso primeiro podcast de Radio Miñoca recén saidiño do forno para que saiades das vosas toupeiras e desfrutedes un bo rato do que se coce no CPI Castro Baxoi e na nosa comarca. Faremos unha entrevista de alcance a Juan, o noso bedel, sobre a nosa besta Lucera. Non faltará a música nas nunha sección dinámica e alegre con propostas e que vos alegrarán o espírito. Tamén falaremos con unhas compañeiras moi deportistas nunha mesa redonda que nos axudará a saber algo mais do seu día a día. O nosa sección do zodíaco celta faravos ver o futuro con mais claridade. Vos proporemos un xogo radiofónico que vos manterá enganchados durante as vindeiras entregas do programa. Finalizaremos cunha primicia. Unha entrevista moi moi interesante que lle realizamos ao noso alcalde e que a ninguén deixará indiferente.
Embed this episode
No transcript yet.