Radio Miñoca -xan.2014-
from Radio Miñoca
Ola, radimiñocáns e radiomiñocás: Aquí está xa o segundo PODCAST de Radiomiñoca! Nel escoitaredes a David Blanco, o noso locutor-presentador, dando entrada aos apartados desta magnífica escaleta na que haberá: Na sección “Cousas miñocas”, unha entrevista a Juan Beceiro, mestre do noso cole, con quen falaremos arredor da figura de María, a mestra de Miño asasinada durante a época da guerra civil. Unha mesa redonda con Amador Torre (4º A ESO) e María Méndez (xefa de estudos), “enfrontados” polo tema do amor. A nosa sección zodiacal celta, da man de Sheila. No apartado literario, Raquel lerá un fermoso contiño titulado Bolboretas, de Xabier Docampo e Xosé Cobas. E Natalia que se ocupará do noso tesouro agochado, no que entrevista ao alumno que o atopou. Esperamos que o pasedes ben escoitando RADIOMIÑOCA!
Embed this episode
No transcript yet.