Radiomiñoca -abr. 21014-
from Radio Miñoca
Ei! Xa vamos polo quinto programa de Radiomiñoca. Agora si podemos dicir aquelo de que viñemos coa intención de quedarnos aínda un bo anaco. Sabedes que estamos sacando un capítulo cada mes así que ahí vos vai unha nova entrega de Abril cos seguintes contidos: -Na sección de cousas miñocas preguntarémoslle a Antón Prego sobre a asociación Ardóbriga e que é iso do patrimonio... -Temos un novo recuncho literario temático sobre as bandas deseñadas de manga que podemos atopar na biblioteca do centro. -Entrevistaremos a Graña sobre o seu libro Converxencia na cor vermella. -Desta tampouco ha faltar a nosa coñecida sección do zodíaco. -Dous bos amigos que se adican profesionalmente a isto da comunicación, Lucía e Sergio, sentaranse connosco para falar da radio e compartir experiencias e inquedanzas. -Todo isto edulcorado con novos momentos musicais que alegrarán o vos corazonciño de miñoca. Nada mais polo de agora. Non deixedes de visitar o noso blog onde poderedes atopar adiantos, anécdotas, comentarios e ser partícipes da comunidade miñocana.
Embed this episode
No transcript yet.