Radiomiñoca -mar.2014-
from Radio Miñoca
Acompañádesnos de novo na nosa radio? Pois se estades un tempiño con nós, isto será o que ides atopar no cuarto programa (CUARTO XA!) de Radiomiñoca: -David Blanco fará os honores radiofónicos, presentando as distintas seccións, moitas xa coñecidas polos oíntes habituais. -Teremos unha interesante mesa redonda sobre un tema moi de actualidade: as redes sociais. Nela interveñen os nosos locutores e colaboradores oficiais e unha profe do cole “forofa” das redes. -Nas Cousas miñocas estará connosco o portavoz do PSOE miñense, falando de moitas cousas de interés para a nosa vila. -Sheila, a nosa astróloga, comentará as características dos signos celtas que tocan para este programa. E claro, Jennifer, traerá a súa música preferida, desta volta música latina e tamén unha canción dun músico de reagge africano. -Para rematar, antes da despedida do noso presentador, Raquel fará un pequeño recordatorio de cousas que non debemos esquecer. ?Veña, radiomiñocos e radiomiñocas, reptade polos subterráneos e subsolos e pegade a vosa orella á NOSA-VOSA RADIO ESCOLAR!
Embed this episode
No transcript yet.