Retro-Evolución, Programa39, Tempada 15 episode artwork

EPISODE · Jun 14, 2026 · 1H

Retro-Evolución, Programa39, Tempada 15

from Retro-Evolución

A semana que vén contaremos con temas dun estupendo recompilatorio que se editou en 2005 e chámase Café Sputnik, que reunía descoñecidos grupos e músicos rusos que practicaban Easy Listening basicamente, pero tamén Downtempo e demais estilos máis ou menos de moda por aqueles primeiros anos do novo século. Recordaremos temas do primeiro e estupendísimo disco de Nu Disco que editou o alemán Roosevelt en 2016. A "rareza" vén a cargo do italiano RAF, sempre lembrado por Self Control e que na cara B do maxi deixou esa que para min é unha auténtica xoia do Italo, que se chamaba Running Away. Coñecín ao neozelandés Jonathan Bree a través do seu tema, e vídeo, You're so Cool e desde entón a súa música namoroume. Si, porque era e é moi Cool para min en todos os sentidos. Esa canción estaba dentro do seu terceiro disco, Sleepwalking, do cal escoitaremos algo. E para rematar, pois recordaremos esa rara e nunca entendida reunión para un só single, e respectivo maxi, entre Mick Karn e Midge Ure. Creo que os dous non precisan presentación e After The Fashion non só soa fashion para a época, 1983, senón que ademais paréceme unha mestura perfecta entre o son dos dous músicos. E iso é todo!

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Jun 14, 2026

Embed this episode

NOW PLAYING

Retro-Evolución, Programa39, Tempada 15

0:00 1:00:01

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Retro-Evolución?

This episode is 1 hour and 0 minutes long.

When was this Retro-Evolución episode published?

This episode was published on June 14, 2026.

Can I download this Retro-Evolución episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!