EPISODE · Feb 18, 2026 · 3H 56M
A tarde 18-02-2026
from Skagit Storytellers
Aprendemos técnicas para cortar o pelo con Adrián Paz na academia de barbeiros Vibes de Pontevedra. Arnau Esteve, de Casa Asumpta, en Arzúa, ensínanos a preparar unha calçotada. A experta en protocolo Margarita Murillo explícanos como comportarnos correctamente cando andamos pola rúa. Arturo Lezcano, autor de "O país invisible", descúbrenos topónimos galegos no estranxeiro. Saudamos a Adam Prieto, un dos protagonistas dunha película que se estrea esta semana, "As liñas discontinuas". Presentamos Tapa D'orella, a colaboración musical de Papa Kimo e Willo Ghz. A vicerreitora da Universidade da Coruña no campus de Ferrol, Ana Ares, fálanos de como a institución educativa lle declara a guerra ao tabaco. Analizamos "Noites brancas", a versión galego da obra de Fedor Dostoievski, coa axuda da súa tradutora, Rosana Murias. O doutor Norberto Proupín fálanos da síndrome da fatiga crónica.
Embed this episode
Ready to play
A tarde 18-02-2026
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.