Skip to content
Saúde Mental episode artwork

EPISODE · Jun 29, 2024 · 58 MIN

Saúde Mental

from Onda Ciencia

A saúde mental é un estado de benestar que permite ás persoas desenvolveren todas as súas habilidades, aprender e traballar adecuadamente e contribuír á mellora da súa comunidade. A saúde mental é, ademais, un dereito humano fundamental. En ONDA CIENCIA dedicamos o segundo episodio desta tempada á saúde mental, para afondar nos factores que poñen en risco o noso benestar emocional. Para iso contamos con tres expertos e expertas da Universidade da Coruña: M.ª de las Mercedes Seoane Bouzas, é terapeuta ocupacional do SERGAS, especializada en trastornos da saúde mental. Profesora asociada no Dpto. de Ciencias da Saúde da UDC e doutora por esta mesma universidade coa tese “Terapia acuática e desempeño ocupacional en saúde mental”. Valentín Escudero Carranza, profesor Titular do departamento de psicoloxía. Coordinador da Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar da UDC. Entre as súas liñas de investigación figura o tratamento de adolescentes en conflito e súas familias. Nuria García Gonzalo, terapeuta ocupacional do Hospital de Día de Psiquiatría de Ferrol e profesora asociada no Dpto. de Ciencias da Saúde da UDC. Membro do grupo de investigación Tecnoloxía Aplicada á Investigación en Ocupación, Igualdade e Saúde (Talionis-Citic). Con eles conversamos acerca de “AFRONTEMOS”, o programa de atención especializada que puxo en marcha a UDC hai tres anos e que proporciona ferramentas psicolóxicas e terapéuticas para afrontar un problema de saúde mental e que coordina o profesor Valentín Escudero. Pola súa parte, Mercedes Seoane e Nuria García compartiron tamén diversas experiencias sobre liñas de acción innovadoras e pioneiras que se están desenvolver desde o eido da terapia ocupacional nas áreas de Coruña e Ferrol. En terceiro lugar, ao longo da conversa os nosos expertos analizan as principais problemáticas vencelladas á saúde mental do estudantado e da mocidade en xeral, afondando no papel clave que xogan os medios de comunicación e as redes sociais na autoestima e no benestar emocional das persoas. Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Jun 29, 2024

Embed this episode

Ready to play

Saúde Mental

0:00 58:43

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Onda Ciencia?

This episode is 58 minutes long.

When was this Onda Ciencia episode published?

This episode was published on June 29, 2024.

Can I download this Onda Ciencia episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!